Gynaikes, Mulieres: Mujeres, Dones, Emakumeak, Mulleres de Grecia y Roma aspira a ser un proxecto innovador e interdisciplinar no eido das humanidades dixitais que poida facilitar o acceso ao patrimonio cultural de Grecia e Roma, non só para o alumnado de primaria, secundaria ou dos graos universitarios en Historia, Humanidades, Filoloxía Clásica, Arqueoloxía ou Historia da Arte, entre outras, senón tamén para o público en xeral.
Gynaikes Mulieres favorece a diversidade e a inclusión no campo da divulgación científica e garante a igualdade de xénero, tanto no proceso como no contido das investigación, no futuro resultado e na utilización do produto final; é dicir, trátase dunha ferramenta para traballar a favor da igualdade de xénero, facilitar a transferencia de coñecemento e contribuír, dende a ética e a educación en valores, no fomento da igualdade, da democratización e das habilidades para a vida.
Non menos importante, e facendo uso do agasallo do plurilingüismo, Gynaikes, Mulieres: Mujeres, Dones, Emakumeak, Mulleres de Grecia y Roma desexa achegar o xénero en Grecia e Roma á sociedade, ás escolas, institutos ou universidades, á cidadanía, na lingua maternal de cadansúa das comunidades autónomas do Estado.
Nesta web pódese acceder a unha selección de imaxes 3D dos materiais relacionados co xénero conservados nas coleccións dos museos españois, comezando polo Museo Nacional de Arte Romana (Mérida). Só tes que premer na imaxe para poder velos na pantalla do teu ordenador, tablet ou smartphone.